CORUÑA SPORTGALICIA SPORTPolideportivo

BM Culleredo, único clube de Galicia con equipos en LIGA OURO en todas as categorías de base

Nas derradeiras duas semanas xogáronse os play off de ascenso as ligas ouro nas categorías infantil, cadete e xuvenil, tanto masculinas como femininas, a máis alta división para @s rapac@s destas idades. O clube Balonmán Culleredo acadou os máis grandes éxitos.

Na fin de semana do 1-2-3 de Outubro disputáronse os play off de ascenso as Ligas Ouro organizadas pola Federación Galega de Balonmán nas categorías infantil femenina (A Guarda), infantil masculina (Pontevedra), xuvenil femenina (O Grove) e xuvenil masculina (Culleredo). Os representantes do Clube Balonmán Culleredo, respectivamente BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA, BM CULLEREDO REMAX RIAZOR, BM CULLEREDO RAFERGAL E BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES, cumpriron con creces o seu primeiro obxectivo da tempada, ascendendo a máxima división cada un dos catro equipos nos seus respectivos play off.

O éxito completouse na fin de semana do 8-9-10 de Outubro coa clasificación para a máxima división do BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO e do BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR, representantes do clube nas categorías cadete masculina e femenina respectivamente nos play off de Pontevedra e Cangas do Morrazo.

Con isto, o Clube Balonmán Culleredo terá representación en tódalas categorías da máxima división de balonmán, acadando a honra de ser o único clube galego con equipo na máxima división en tódalas categorías posibles. Completa o éxito do clube, o participar tamén nas Ligas Prata con outro equipo nas categorías masculinas.

UN ÉXITO XA ANUNCIADO…

O chegar ao máis alto nível do Balonmán Galego en canto as categorías base non é un éxito puntual no clube. O traballo ao longo dos derradeiros anos comeza a dar os seus froitos a nível de calidade, logo de xa levar varios anos entre os 5 equipos galegos con maior número de licencias. Actualmente o Clube Balonmán Culleredo conta con 272 xogador@s de balonmán entre os 4 e os 40 anos, e está nestas semanas aumentando o número en rapaces de educación infantil e primaria. Un probable aumento nesta tempada ate as 290-300 licencias fará que o clube de Culleredo compita con un total de 29 equipos nas distintas ligas organizadas pola Federacion Galega de Balonmán.

O traballo da equipa dunha ducia de adestradores e monitores perfectamente coordinados fai que o nível dos xogador@s do clube creza diariamente.

ATA NOVE XOGADOR@S DO «CULLE» E 2 ADESTRADORES CONVOCADOS COAS SELECIÓNS GALEGAS DE BALONMÁN

A laboura do clube non remata mesmamente nel, posto que actualmente proporciona 9 xogadoras e xogadores as seleccións galegas das categorías infantil, cadete e xuvenil, masculinas e femeninas, que nestes días concéntranse en Pontevedra co obxectivo de preparar o Campionato de España de seleccións autonómicas, a disputar a comezos de xaneiro de 2022. Fernando Vázquez, na categoría xuvenil masculina e Alejandro Seijo, na infantil masculina, adestrarán a Mateo Díaz e Jorge López (xuvenil masculina) e Hugo Díaz, Iago Allegue, Jorge Outón e Jaime Serrano (infantil masculina) nestes días xunto co resto de integrantes das seleccións; e tamén Samuel Seijas e Marcos Regueiro (cadete masculina) e Diana Dozo (xuvenil femenina) poranse as ordes d@s seus respectivos adestrador@s. Compre salientar tamén que o cadete Samuel Seijas ven de concentrarse durante unha semana no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada (Granada) coa Selección Española da súa categoría.

INSCRIPCIÓNS ABERTAS E CAMPAÑA DE SOCIOS ACTIVA

Actualmente está aberta a inscripción de xogadores no clube, con proba gratuíta durante dúas semanas e a campaña de socios e patrocinadores do clube, que fan posible todos estos éxitos dos rapaces cullerdenses. No portal web www.balonmanculleredo.com áchase toda a información.

(AGRADECEMOS AO BM CULLEREDO AS NOTAS DE PRENSA E AS FOTOGRAFÍAS QUE SEMPRE NOS ENVÍAN)

Compartir en: