CORUÑA SPORTGALICIA SPORTPolideportivoSin categoría

Óscar García Patiño, alcalde de Cambre : ¨EN CAMBRE SOMOS DO DEPORTE E DOS NOSOS CLUBES¨

Óscar García Patiño, Cambre, 1964, es el alcalde desde las municipales de 2015 y reelegido en 2019 como candidato por Unión por Cambre.
«En Cambre somos moito do deporte e, sobre todo, somos moito dos nosos clubes, asociacións y entidades deportivas. Cando penso neles asocióo inconscientemente, cunha especie de gran familia que, por sorte, medra ano tras ano. De feito, a pesar da pandemia da covid-19, nos últimos meses foron varios os clubes que se crearon ou que se trasladaron ao noso municipio. Grazas tanto as ás novas entidades que elixieron o noso municipio como o seu fogar como a aquelas outras que xa levan anos proviebdo o espírito deportivo entre a veciñanza. Grazas de corazón. O noso compromiso non é unicamente coas asociacións e clubes, senón tamén cos propios veciños e veciñas e, por esa mesma razón, a promoción do deporte e a mellora das infraestructuras e instalacións deportivas foi, é seguirá sendo unha das nosas apostas. Tanto foi así, que acuñamos o Día do Deporte na Rúa, unha xornada na que os veciños e veciñas de todas as idades descubren e gozan de diferentes modalidades en pleno corazón de Cambre. Lonxe de ser algo puntual, este evento pasou a formar parte do noso calendario anual, xunto co Día do Xadrez, o Trofeo de Fútbol de Cambre, as escolas deportivas municipais etc…Os e as deportistas de Cambre son de elite e merecen unhas instalacións que estean a sua altura. Por iso, nos últimos meses realizamos múltiples melloras nos pavillóns, nas pistas exteriores e no skatepark de Cambre e ceamos, ademais, unha nova pista de calistenia. na mesma liña, o Complexo Deportivo da Barcala será obxecto, proximamente, dun dos proxector estrela desde mandato. Con el, ampliaremos os metros útiles desta instalación, garantindo así a nosa máxima premisa: ofrecer o mellor dos servicios para os cambreses e cambresas. Remato agradecendo, unha vez máis, o compromiso, a constancia e a forza que os e as deportistas demostran no día a día. Lembrade que o Concello de Cambre estará sempre no voso equipo.

Compartir en:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *