ACTUALIDAD

O TORNEO VILA DE MOAÑA, QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO 22 DE FEBREIRO, MOVERÁ A MÁIS DE 850 PERSOAS

O sábado 22 de febreiro celébrase o Torneo Vila de Moaña, no que participarán case 600 taekwondistas pertencentes a 50 clubs de Galicia, resto de España e Portugal, ademais de 40 árbitros, 125 técnicos e 60 voluntarios/as. En total 858 participantes, entre os que se atopan os membros da selección panameña, que está concentrada estes días en Galicia.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento no Concello de Moaña, coa participación da alcaldesa Leticia Santos; o concelleiro de Deportes, Rubén Viéitez; e a directora do club organizador, Hebe, Noelia Pérez.

O evento disputarase o sábado 22 de febreiro no pavillón municipal de Reibón, sobre as oito pistas dispostas na instalación. Na xornada de mañá, que comezará as 9:00 horas, celebrarase a competición nas categorías júnior, cadete masculino, precadete feminino e infantil masculino. Mentres que pola tarde (a partir das 16:00 horas) competirán os máster, absoluto, cadete feminino e infantil feminino.

Este torneo é organizado polo club Hebe, en representación da Federación Galega de Taekwondo, e conta co apoio do Concello de Moaña, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Compartir en:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *