A SELECCIÓN GALEGA, FORMADA POR CASE 90 INTEGRANTES, PARTICIPARÁ MAÑÁ 22 DE FEBREIRO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE POOMSAE, FREESTYLE E PARAPOOMSAE
O evento celebrarase na localidade alacantina de San Vicente do Raspeig con máis de 700 competidores/as
Galicia estará presente, cunha selección formada por preto de 90 integrantes, no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapoomsae, que se celebrará o sábado 22 de febreiro en San Vicente del Raspeig (Alacante).
A cita, que comezará as 09:00 horas, non só outorga os títulos nacionais, senón que tamén é decisiva na formación do equipo que representará a España no Campionato de Europa. É a cita con maior participación da historia e por primeira vez se celebra á vez o campionato de España de parataekwondo da modalidade. Ademais este ano hai moitas novidades, xa que se inclúen novas categorías, que se estrearon no pasado Mundial, como parellas e tríos +50 e +60 anos. Ademais, outra das estreas é que en freestyle, os quintetos deben facer rompementos con táboas.
En parataekwondo tamén haberá cambios importantes. Aparte das categorías individuais, se incorpora á competición a categorías de parellas e de dúo inclusivo, no que participará un deportista con discapacidade xunto a outro normativo.
Selección galega
E con todas estas novidades Galicia viaxa coa expedición máis numerosa da historia, despois de facer unha intensa preparación e con ganas de volver a amosar que Galicia é unha gran potencia. Desgraciadamente, hai unha baixa de última hora en
parataekwondo. Francisco Javier Fernández Allo, que defendía o título de campión de España, finalmente non puido viaxar por motivos familiares.
A continuación, tedes a ligazón coas convocatorias das seleccións galegas de técnica, freestyle e parapoomsae. Ademais, viaxan sete representantes do colectivo arbitral galego: María Bautista Maestre, Icía Marcos García, Concepción Martínez Carballo, Jorge Leiro Dozo, Francisco Tilve García, Cloe Canto Syllá e Adrián Maceiras.
https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-tecnica-22-02-25/
https://www.taekwondogalego.es/seleccion-galega-paratkd-poomsae-08-02-25/